O primeiro equipo iguala a domicilio, mentres que o Filial remonta para vencer ó Taboada CF

O primeiro equipo sumou un punto a domicilio no feudo do recén ascendido Valladares nun encontro moi marcado polo forte vento. Na primeira metade favoreceu ós nosos, que se adiantaron axiña cun tanto de Javi Rey e incluso puideron ampliar a vantaxe, pero non foi así e ó descanso chegouse co 0-1 no marcador. No […]
Derrota do primeiro equipo nun partido trabado e vitoria do Filial a domicilio

Cara e cruz para os nosos equipos senior esta fin de semana. O primeiro equipo sufriu a primeira derrota da tempada ó caer por 0-1 ante o Arosa SC nun encontro trabado e igualado e carente de ocasións. Aínda así, os primeiros achegamentos foron para os de Alberto López, que apenas sufriron a nivel defensivo […]
Triunfos do primeiro equipo e Filial para continuar na boa liña

Domingo fructífero para os equipos sénior do Racing Villalbés, con sendos triunfos logo de dous bos partidos. En horario matinal, os de Alberto López derrotaron ó Atlético Arteixo por 0-2, grazas a un golazo de Fito e un tanto de pena máxima obra de Cañi, ambos nunha primeira metade moi seria do equipo. No segundo […]
O primeiro equipo iguala na casa ante a UD Ourense e o Filial cae no engadido

Na segunda xornada de competición, os nosos equipos senior volveron rendir de novo a bo nivel, e medíndose a cadros favoritos nas categorías nas que compiten. O primeiro equipo recibía á UD Ourense, un plantel con xogadores chamados a marcar as diferenzas, e iso fixo que o choque comezara igualado. Javi Rey avisou e obrigou […]
O primeiro equipo e o Filial estréanse con triunfos a domicilio

Boa xornada inaugural para os nosos equipos sénior: o primeiro equipo venceu 0-3 en Betanzos, mentres que o Filial fixo o propio por 0-2 no seu debut na categoría en Monterroso. Para os de Alberto López o partido púxose de cara co gol de Javi Rey pasado o cuarto de hora dun inicio no que […]
Alberto Leira, novo xogador do Racing Villalbés

Alberto Leira (1997) convírtese en novo xogador do Racing Villalbés. O centrocampista, con ampla experiencia en 3ªRFEF e 2ªB, chega despois de competir na UD Somozas a campaña pasada. Anteriormente formara parte de equipos como o CD As Pontes tras regresar da súa andaina fora de terras galegas en equipos como o CD Ebro, CE […]
O Filial, na semana da estrea en 1ªFUTGAL

O Racing Villalbés B afronta unha semana histórica: a do seu debut en 1ªFUTGAL. Logo de dous ascensos consecutivos desde a súa creación, Iván Lamas repetirá ó mando dun plantel moi novo, que mantén a base da tempada pasada e ó que chegaron reforzos para sumarse a varios rapaces que suben desde as categorías inferiores. […]
O primeiro equipo, preparado para comezar a competición en Betanzos

Acabouse a conta atrás. Este domingo (18:00 horas) o primeiro equipo visita o García Hermanos para medirse ó Betanzos CF, que competirá por segunda tempada consecutiva na categoría logo do seu ascenso na 22/23. O equipo de Alberto López chega con boas sensacións a este encontro logo dunha pretempada na que se mediu a equipos […]
O primeiro equipo, xa en marcha coa vista posta no regreso a 3ªRFEF

O primeiro equipo xa está en marcha. Logo dun intenso ano en 2ªRFEF, esta tempada volveremos a competir en 2ªRFEF. Os xogadores xa traballan ás ordes de Alberto López e o seu cadro técnico, no que estará acompañado de Rubén, Héctor, Andrés e José Antonio. A plantilla sufriu varios cambios con respecto á tempada pasada, […]
Non puido ser; caemos en Pasarón e consumamos o descenso a 3ªRFEF

Non puido ser. O Racing Villalbés caeu por 1-0 en Pasarón ante o Pontevedra CF e consumou o seu descenso a 3ªRFEF. Nun ano histórico con triunfos en grandes estadios e no que o equipo competiu ata o final, os nosos estiveron arroupados en gran número por uns seareiros vilalbeses que non abandonaron ó equipo […]
Valioso punto en Zamora no feudo dun dos favoritos

Logo do triunfo ante o Fabril, o equipo seguiu na boa liña sumando un punto a domicilio ante o Zamora, terceiro clasificado e metido de cheo na loita polo ascenso directo. Comezou ben o encontro o cadro de Simón, con presenza en campo rival e anulando ó seu rival, ata que froito deso chegou o […]
Derrota pola mínima nun encontro igualado no que volveu a caer cruz para os nosos

Partido igualado ante un gran equipo como o Rayo Cantabria, que se foi para terras visitantes (0-1). Na primeira metade comezou moito mellor o cadro local, contando con varias chegadas e lanzamentos, destacando a máis clara nas botas de Isaac, que viu como o meta rival detiña o seu disparo. A seguinte máis clara: un […]
Derrota pola mínima nun encontro no que o Villalbés mereceu puntuar

O Racing Villalbés caeu por 1-0 no Román Suárez Puerta logo de que o Avilés se adiantara nun primeiro tempo no que foi mellor, e de que o dominio dos de Simón Lamas no segundo acto non fora suficiente para acadar a igualada, desperdiciando incluso unha pena máxima. No primeiro acto foron mellores os locais, […]
Empate sen goles nun encontro no que gozamos de máis ocasións

Comezou a segunda volta na Magdalena cun empate sen goles ante o Oviedo Vetusta logo dun encontro igualado no que, quizais, as mellores ocasións foron para os nosos. Os de Simón Lamas comezaron mandando no encontro, con varios achegamentos á área rival, pero todos finalizados con disparos desde fora da área e sen ocasións claras. […]
Empate a un tanto nun partidazo ante o Pontevedra CF

Con empate a un tanto finalizou o primeiro encontro do ano, último da primeira volta, no que foi un partidazo entre o Racing Villalbés e o Pontevedra CF, que comezaba a xornada como líder. Comezou o encontro cos pontevedreses monopolizando a posesión pero, sen embargo, a primeira ocasión clara do encontro foi local, cando Buyo […]
Derrota en Coruxo para despedir o ano

Non se lle puido poñer a guinda a un histórico 2023. O Racing Villalbés caeu no último encontro do ano ante o Coruxo por 3-2 nun partido que foi capaz de igualar ata en dúas ocasións, pero non nunha terceira. Comezou o partido con maior dominio do conxunto local, pero a ocasión máis clara no […]
Vitoria épica dun Racing Villalbés que xogou media hora con nove xogadores

Partido que quedará para a historia o Racing Villalbés 2-1 CD Guijuelo correspondiente á 15ª xornada de competición. Logo de dúas derrotas consecutivas, os de Simón Lamas reatopáronse co triunfo nun encontro no que se repuxeron a tódolos factores que se lles puxeron en contra. Comezaron moi ben os nosos, e froito delo chegou o […]
Dura derrota nun mal encontro do Racing Villalbes

O Racing Villalbés sufriu a derrota máis dura da tempada nun encontro no que non estivo ó nivel dos anteriores, e que condicionou o tanto recibido antes do primeiro minuto de encontro. Pasados os trinta segundos adiantáronse os locais tras un centro lateral, cambiando totalmente o guión do encontro. Non se pode dicir, sen embargo, […]
O Racing cae ante o Langreo nun encontro no que mereceu moito máis
Foi, se non o mellor, un dos mellores encontros do Racing Villalbés na presente campaña, pero a fortuna non sorriu desta volta ós de Simón Lamas ante un Langreo que os derrotou por 0-1. A primeira ocasión do partido foi para os locais, nunha acción na que Christian, tras unha boa acción individual, se plantou […]
O Rácing Villalbés consegue a segunda vitoria consecutiva no feudo do Valladolid Promesas

O Rácing Villalbés sumou o seu cuarto triunfo como visitante na presente campaña logo de impoñerse por 0-1 ó Real Valladolid Promesas nun encontro aberto e atractivo para o espectador que se decidiu grazas a un solitario gol de Isaac (0-1). Desde os primeiros minutos o encontro se disputou cun ritmo alto, e moi pronto […]
Chegou a primeira vitoria como locais, ante a Gimnástica de Torrelavega, por 1-0

O bo faise esperar, e iso pasou coa primeira vitoria como locais na 2ªRFEF. Houbo que esperar ata o sexto encontro ante a nosa afección para celebrar os tres puntos, e foi nun día marcado pola climatoloxía, con moita auga pero sobre todo un forte vento que condicionou o desenvolvemento do xogo. Na primeira metade […]
Empate sen goles ante o líder nun encontro con moito ritmo e igualado

Impuxéronse as defensas no encontro desputado entre o Rácing Villalbés e o Zamora CF, líder sólido da competición que só recibiu gol nun dos dez encontros desputados ata a data. De feito, este é o terceiro encontro no que non vencen no que vai de competición. Gran encontro a nivel defensivo dos de Simón Lamas, […]
Derrota no engadido nun encontro no que o equipo deu boa imaxe en Abegondo

O Rácing Villalbés sufriu a segunda derrota do curso dun xeito cruel, recibindo o primeiro tanto no minuto 93 e o segundo no minuto 95 para que o RC Deportivo Fabril se impuxera por 2-0 e rompera a imbatibilidade dos nosos como visitantes. Ata entón, o choque fora igualado, se ben foran os nosos os […]
Empate con polémica ante un dos favoritos nun gran partido do equipo

Segunda xornada consecutiva puntuando, nun encontro no que o equipo amosou moi boa imaxe como local pero non foi quen de vencer a un dos favoritos, o Ourense CF. Os nosos comezaron moi ben o encontro e dispuxeron das mellores ocasións ata adiantarse ó cuarto de hora de partido grazas a un gran testarazo de […]
Gran triunfo en Santiago por 0-2 ante a SD Compsotela

O Rácing Villalbés sumou tres valiosos puntos logo dun gran partido colectivo no que os tantos de Santi Gegunde e Rares, ambos no segundo tempo, desnivelaron o encontro a favor do cadro de Simón Lamas, que contou coas mellores ocasións e venceu xustamente á SD Compostela no encontro desputado no Estadio Vero Boquete de San […]
Falece Manuel Lamas “Manolo”, delegado do primeiro equipo

Unha nova que nunca desexariamos ter que dar. Hoxe foise un de nós, un racinguista que forma gran parte da historia do Rácing Club Villalbés. Esta mañá faleceu Manuel Lamas “Manolo”, delegado do primeiro equipo e pai do noso adestrador Simón Lamas. Non temos verbas para expresar o que significabas para nós e o vacío […]
O primeiro equipo sofre a primeira derrota nun día moi emotivo polo recordo a Manolo Lamas

O de hoxe non foi un domingo nin un partido calquera. Antes do encontro do primeiro equipo, rendimos homenaxe a Manolo Lamas. Unha homenaxe sinxela e discreta, como era el, pero chea de sentimento por parte de todos os presentes na Magdalena. A RFGF, co seu presidente Rafael Louzán á cabeza, e o Concello de […]
O primeiro equipo suma un punto e o Genuine disputa o «I Trofeo Président Genuine»

Bonita xornada de sábado a vivida o sábado na Magdalena. O primeiro equipo sumou un punto ó igualar sen tantos ante un rocoso Marino de Luanco nun encontro bastante pechado e con poucas ocasións, pero no que os nosos tiveron as súas opcións de sumar os tres puntos. Deste xeito, tras catro xornadas de competición, […]
O Rácing suma un punto na complicada saída a Cantabaria

O Rácing Villalbés continúa sumando puntos neste inicio de tempada logo de igualar sen goles na casa do Rayo Cantabria, un rival que lle esixiu moitísimo ós de Simón Lamas e que contou con boas ocasións na primeira metade. No segundo acto as forzas equilibráronse e viuse un encontro aberto, con alternativas e chegadas para […]
O Rácing iguala a un tanto na súa estrea como local, ante un dos favoritos

Con empate a un tanto se resolveu o histórico debut como local do Rácing Club Villalbés en 2ªRFEF. Os de Simón Lamas recibían a un dos fortes da categoría, o Real Avilés Industrial, e non só plantaron cara, senón que por momentos gozaron das mellores ocasións, especialmente nun primeiro tempo moito máis aberto e vistoso […]





