Derrota do primeiro equipo e triunfo do Filial diante do líder

Cara e cruz a que nos deixou esta fin de semana. O primeiro equipo viu truncada a súa gran xeira sen caer logo de perder ante o Noia, que está a realizar unha gran campaña no ano da súa volta á 3ªRFEF.

Os de Alberto López non estiveron cómodos en ningún intre sobre o terreo de xogo e caeron por 2-0.

Pola súa banda, o Filial deu a sorpresa da xornada ó derrotar ó Burela, que chega líder invicto a esta xornada. No primeiro tempo os visitantes dominaron máis, pero os de Iván souberon aguantar o 0-0 ata o descanso.

Tralo paso por vestiarios, sen que transcorrera nin un minuto de xogo, os visitantes facían o 0-1 e poñían o encontro costa arriba para os nosos. Non obstante, a partir de aí chegou a reacción local e os nosos xeraron situacións de perigo ata empatar por medio de Adri.

Este tanto animou ós nosos, e o encontro volveuse aberto, con chegadas para ambos conxuntos, ata que Gabri no tempo engadido atinaba coa meta rival e facía o 2-1 definitivo.