O primeiro equipo retomou a senda do triunfo e chega así con bo sabor de boca a Nadal tras impoñerse por 0-2 á UD Barbadás nun equipo no que os de Alberto foron mellores e venceron xustamente.
Sen embargo, o dominio visitante só se traduciu en gol desde os once metros, xeito no que chegaron os dous tantos chairegos. Chegando á hora de xogo quen transformaba a pena máxima para poñer o 0-1 era Cañi, mentres que o 0-2, tamén de penalti, sería obra de Fito xa no tempo engadido.
Pola súa banda, o Filial caeu ante a SD Chantada por 1-2 nun encontro no que os visitantes foron superiores no primeiro acto e se adiantaron froito delo, chegándose con 0-1 ó descanso.
Tralo paso por vestiarios melloraron os nosos, e o premio á insistencia chegou co tanto de Adri cando xa entrabamos nos últimos dez minutos. Pouco despois, Gabri tivo a oportunidade de facer o 2-1, pero non atinou, e serían os visitantes os que farían o 1-2 cando xa case non quedaba tempo para máis.