O primeiro equipo iguala a domicilio, mentres que o Filial remonta para vencer ó Taboada CF

O primeiro equipo sumou un punto a domicilio no feudo do recén ascendido Valladares nun encontro moi marcado polo forte vento.

Na primeira metade favoreceu ós nosos, que se adiantaron axiña cun tanto de Javi Rey e incluso puideron ampliar a vantaxe, pero non foi así e ó descanso chegouse co 0-1 no marcador. No segundo periodo, neste caso co aire en contra, os de Alberto viron como os locais apretaban, e froito deso chegou o 1-1 co que se pechou o marcador, sumando deste xeito os nosos o segundo empate da tempada e 8 dos primeiros 15 puntos disputados.

12 puntos suma o Filial logo de conseguir unha nova vitoria o domingo nun encontro moi disputado e compricado diante dun Taboada que se adiantou no tramo inicial do encontro e que fixo un bo exercicio a partir de aí. Pouco a pouco chegaron algunhas ocasións para Álex ou Noel por parte local, pero o cadro visitante amosábase sólido.

Foi nun tolo tramo final de partido cando os puntos se quedarían na casa, logo de que Gabri e Brais, con tantos nos minutos 80 e 82 lle deron a volta ó marcador.