Derrota pola mínima nun encontro igualado no que volveu a caer cruz para os nosos

Partido igualado ante un gran equipo como o Rayo Cantabria, que se foi para terras visitantes (0-1).

Na primeira metade comezou moito mellor o cadro local, contando con varias chegadas e lanzamentos, destacando a máis clara nas botas de Isaac, que viu como o meta rival detiña o seu disparo. A seguinte máis clara: un lanzamento de Buyo que se marchou alto logo dunha boa acción persoal.

Logo da primeira media hora igualáronse algo as forzas, pero chegouse co 0-0 ó descanso.

Na segunda metade abriuse máis o encontro, con algo máis de ida e volta e achegamentos ás áreas rivais, aínda que sen destacar grandes ocasións. Arredor do minuto 15 desta segunda metade chegaba o 0-1, tras un bo testarazo visitante.

Xarro de auga fría para os nosos, que aínda así o intentaron ata o final, a pesar de xogar cun home menos o último cuarto de hora trala rigurosa expulsión de Jose Varela. Froito do empuxe local, chegarían as dúas últimas ocasións no tempo engadido, en senllos testarazos de Izan e Ibra que salvarían a zaga e o porteiro visitantes.