A Nosa Champions pechou a tempada en Vilalba

Vilalba foi a sede da 3ª xornada de A Nosa Champions, a última desta tempada. Calo, RC Deportivo, Racing Ferrol, CD Lugo, RC Celta e Racing Villalbés participaron esta campaña nesta I Edición do Campionato Genuine. A cita, como non podía ser doutro xeito, foi todo un éxito e reuniu a centenares de persoas na […]
O RC Villalbés cae na ida do PlayOff e deberá remontar en Sarria

O RC Villalbés caeu por 0-1 no encontro de ida da primeira eliminatoria do PlayOff de ascenso a 2ªRFEF e deberá remontar en Sarria. O encontro comezou con dominio territorial dos visitantes, aínda que sen conseguir traducir dito dominio máis que en achegamentos, e sen contar con ocasións claras. De feito, nun primeiro tempo pechado, […]
Un domingo de Champions!

🫂O noso equipo Genuine compartiu unha gran xornada de fútbol con RC Deportivo, Racing de Ferrol, CD Lugo, SR Calo e RC Celta, enfrontándose ós tres primeiros. Moitas grazas ó SR Calo e á RFGF pola organización, e a todos os que fixeron posible desfrutar dun día así😍
Derrota do primeiro equipo e vitoria do Filial

Non foi o día do primeiro equipo este sábado, caendo por 4-1 na Estrada nun encontro no que o cadro local foi mellor, especialmente no primeiro acto. Os locais dominaron os primeiros 45 minutos e chegaron con 2-0 ó intermedio aproveitando dous erros defensivos dos nosos. Tralo paso por vestiarios o decorado do encontro cambiou, […]
Empate sen goles do primeiro equipo e derrota do Filial en Castro

O primeiro equipo igualou sen goles ante o Gran Peña, e queda na segunda praza da clasificación, con 4 puntos de desvantaxe sobre a UD Ourense (líder) e tres de vantaxe sobre a SD Sarrian (3º clasificado). Foi un partido trabado, con pouco xogo e escasas chegadas ás áreas xa desde o primeiro tempo, na […]
Finde de pleno, con vitorias de primeiro equipo e Filial

O primeiro equipo conseguiu unha gran vitoria en Somozas por 1-3, grazas ó doblete de Cañi (un deles de penalti) e ó tanto de Anthony, continuando deste xeito coa boa xeira e manténdose na loita pola primeira praza. Pola súa banda, o Filial rompeu a boa xeira ó derrotar por 2-0 á UD Pastoricense grazas […]
Ó primeiro equipo escápanselle dous puntos no tempo engadido e o Filial cae tamén no tramo final

O primeiro equipo viu como se lle escapaban dous puntos no tempo engadido nun encontro que foi vencendo ata en dúas ocasións no feudo do Villalonga, pero no que o cadro local foi quen de repoñerse ambas veces. Anthony adiantaba ós nosos no primeiro acto, e con ese 0-1 se chegaba ó descanso. Á hora […]
O primeiro vence a base de golazos, e o Filial cae con polémica

A base de golazos venceu o primeiro equipo por 4-1 ó Valladares, o primeiro deles obra de Brais Pedreira cando só transcorriran 11 segundos de xogo. Repuxéronse axiña os visitantes, e antes do minuto 5 o marcador xa reflexaba o resultado de 1-1. Mediado o primeiro acto, apareceu en escena a figura de Make, que […]
O primeiro equipo suma un valioso punto a domicilio, e o Filial cae como local

O primeiro equipo sumou un valioso triunfo en Arosa logo de igualar o tanto local, que chegou nun primeiro acto no que os locais contaron coas mellores ocasións, ata facer ese 1-0 antes do descanso. Tralo paso por vestiarios o decorado cambiou, e os nosos contaron cunha clarísima triple ocasión que non entrou, pero o […]
Chega a «I Festa do Cocido» e o tradicional Bailde e Entroido do Racing Villalbés

🎭Chega un Entroido cargado de actividade co Racing Villalbés. 🐷O domingo día 2, a I Festa do Cocido. 💃O luns día 3, o tradicional baile de Entroido. Toda a información, no Cartaz Achégate a desfrutar no Estadio Roca❗ OrgulloRCV❤️💚
O primeiro equipo encadea a cuarta vitoria consecutiva e o Filial cae a domicilio

Gran paso adiante do primeiro equipo, que co seu triunfo por 1-0 ante o Atlético Arteixo consegue igualar á UD Ourense no máis alto da táboa logo de encadear a cuarta vitoria consecutiva. O primeiro tempo non foi o mellor dos nosos, que estiveron imprecisos e non foron quen de crear perigo en ataque, aínda […]
O Primeiro Equipo remonta no treito final e o Filial iguala ante o Monterroso

Gran remontada do primeiro equipo no treito final do encontro, que lle permite continuar na segunda praza. O encontro comezou custa arriba, co tanto tempraneiro do Betanzos nos primeiros minutos. Esto fixo que o partido xa fora aberto desde o principio, habendo chegadas e ocasións para ambos conxuntos nestes primeiros corenta e cinco minutos, nos […]
Bo comezo de ano para Primeiro Equipo e Filial, con sendas vitorias

Inmellorable comezo de ano para os equipos sénior do club. Pola mañá, o Primeiro Equipo levouse o derbi provincial ó vencer por 1-0 ó CD Lugo B grazas a un solitario gol de Borja Míguez no segundo tempo, tras asistencia dunha das incorporacións invernais: Brais Pedreira. Pola tarde, o Filial venceu con claridade (1-4) ó […]
O primeiro equipo vence en Barbadás e o Filial cae como local

O primeiro equipo retomou a senda do triunfo e chega así con bo sabor de boca a Nadal tras impoñerse por 0-2 á UD Barbadás nun equipo no que os de Alberto foron mellores e venceron xustamente. Sen embargo, o dominio visitante só se traduciu en gol desde os once metros, xeito no que chegaron […]
Derrota do primeiro equipo e triunfo do Filial diante do líder

Cara e cruz a que nos deixou esta fin de semana. O primeiro equipo viu truncada a súa gran xeira sen caer logo de perder ante o Noia, que está a realizar unha gran campaña no ano da súa volta á 3ªRFEF. Os de Alberto López non estiveron cómodos en ningún intre sobre o terreo […]
Empate do primeiro equipo e derrota a domicilio do Filial

O primeiro equipo viu truncada a súa xeira vitoriosa ó empatar a un tanto ante o Viveiro CF. Os de Alberto López rescataron un punto co tanto de Cañi no treito final de encontro logo de que os visitantes se adiantaron comezado o segundo periodo. No primeiro acto, os nosos foran superiores, dominando e contando […]
O primeiro equipo chega ó segundo posto e o Filial cae no derbi

Gran momento o que vive o primeiro equipo, reafirmado co triunfo en Sarria por 0-1 grazas ó solitario tanto de Cañi, un golazo de falta directa que nos deu tres importantes puntos nun encontro moi traballado diante dun rival co que chegabamos igualados na parte alta da táboa. Pola súa banda, o Filial caeu por […]
Gran xornada de domingo, con vitorias de Primeiro equipo e Filial

Un gran domingo para o club o vivido esta xornada. O primeiro equipo venceu na matinal pola mínima (1-0) ó Alondras CF grazas ó solitario gol de Make no primeiro tempo e sumou a cuarta vitoria consecutiva, que lle permite afianzarse nos postos de play-off. Pola tarde, o Filial sumou un importante triunfo e rompeu […]
O primeiro equipo encadena a terceira vitoria seguida, e o Filial iguala como local

O primeiro equipo afiánzase na quinta praza da táboa logo de encadear a terceira vitoria consecutiva. Os de Alberto adiantáronse antes do minuto dez cun golazo de falta de Cañi, pero nada máis sacar de centro, o Silva igualou con outro gran tanto. Nun encontro igualado, a balanza romperíase a favor dos nosos grazas ó […]
Gran vitoria do primeiro equipo, e derrota do Filial a domicilio

Gran vitoria do primeiro equipo no encontro de onte ante o CD Estradense, que chegaba líder a esta xornada. Os de Alberto López venceron por 2-1 a un conxunto visitante que demostrou na Magdalena o por que da súa boa clasificación. O encontro comezou tomando vantaxe moi cedo o Racing Villalbés, grazas a un gran […]
O primeiro equipo remonta e logra unha gran vitoria no feudo do Gran Peña e o Filial suma un novo punto

O primeiro equipo impúxose por 1-2 ó Gran Peña e colleitou tres importantes puntos tras remontar o tanto inicial dos vigueses. Saíron mellor os locais, que se adiantaron cando aínda non transcorriran 5 miutos de encontro, e que no primeiro periodo gozaron de opcións para ampliar a súa vantaxe, como unha pena máxima que enviaron […]
Cara e cruz para primeiro equipo e Filial

Cara e cruz, cruz e cara para primeiro equipo e Filial na xornada deste domingo. Os de Alberto López caeron nun mal encontro fronte á UD Somozas pola mínima (0-1). A posta en escea visitante foi mellor que a dos nosos, que non se atoparon cómodos nos primeiros minutos, e que froito deso recibiron o […]
O primeiro equipo iguala sen goles en Barraña e o Filial cae no Anexo a Magdalena

O primeiro equipo sumou un punto a domicilio na súa visita a Barraña para medirse ó recén ascendido Boiro. Entraron mellor os de Alberto ó encontro, e froito deso chegaron os primeiros achegamentos, destacando unha ocasión de Borja Míguez, pero o marcador non se moveu ata o descanso. Tampouco o faría no segundo tempo dun […]
Vitoria do primeiro equipo nun bo partido e empate do Filial a domicilio

O primeiro equipo reatopou o camiño da vitoria nun encontro no que foi claramente superior ó Vilalonga e no que o 2-0 final se antoxou incluso corto para o visto no terreo de xogo. Xa desde o inicio os nosos saíron con ganas de brindar o primeiro triunfo como locais á nosa afección, e dispuxeron […]
O primeiro equipo iguala a domicilio, mentres que o Filial remonta para vencer ó Taboada CF

O primeiro equipo sumou un punto a domicilio no feudo do recén ascendido Valladares nun encontro moi marcado polo forte vento. Na primeira metade favoreceu ós nosos, que se adiantaron axiña cun tanto de Javi Rey e incluso puideron ampliar a vantaxe, pero non foi así e ó descanso chegouse co 0-1 no marcador. No […]
Derrota do primeiro equipo nun partido trabado e vitoria do Filial a domicilio

Cara e cruz para os nosos equipos senior esta fin de semana. O primeiro equipo sufriu a primeira derrota da tempada ó caer por 0-1 ante o Arosa SC nun encontro trabado e igualado e carente de ocasións. Aínda así, os primeiros achegamentos foron para os de Alberto López, que apenas sufriron a nivel defensivo […]
Triunfos do primeiro equipo e Filial para continuar na boa liña

Domingo fructífero para os equipos sénior do Racing Villalbés, con sendos triunfos logo de dous bos partidos. En horario matinal, os de Alberto López derrotaron ó Atlético Arteixo por 0-2, grazas a un golazo de Fito e un tanto de pena máxima obra de Cañi, ambos nunha primeira metade moi seria do equipo. No segundo […]
O primeiro equipo iguala na casa ante a UD Ourense e o Filial cae no engadido

Na segunda xornada de competición, os nosos equipos senior volveron rendir de novo a bo nivel, e medíndose a cadros favoritos nas categorías nas que compiten. O primeiro equipo recibía á UD Ourense, un plantel con xogadores chamados a marcar as diferenzas, e iso fixo que o choque comezara igualado. Javi Rey avisou e obrigou […]
O primeiro equipo e o Filial estréanse con triunfos a domicilio

Boa xornada inaugural para os nosos equipos sénior: o primeiro equipo venceu 0-3 en Betanzos, mentres que o Filial fixo o propio por 0-2 no seu debut na categoría en Monterroso. Para os de Alberto López o partido púxose de cara co gol de Javi Rey pasado o cuarto de hora dun inicio no que […]
Alberto Leira, novo xogador do Racing Villalbés

Alberto Leira (1997) convírtese en novo xogador do Racing Villalbés. O centrocampista, con ampla experiencia en 3ªRFEF e 2ªB, chega despois de competir na UD Somozas a campaña pasada. Anteriormente formara parte de equipos como o CD As Pontes tras regresar da súa andaina fora de terras galegas en equipos como o CD Ebro, CE […]