O Primeiro Equipo remonta no treito final e o Filial iguala ante o Monterroso

Gran remontada do primeiro equipo no treito final do encontro, que lle permite continuar na segunda praza. O encontro comezou custa arriba, co tanto tempraneiro do Betanzos nos primeiros minutos. Esto fixo que o partido xa fora aberto desde o principio, habendo chegadas e ocasións para ambos conxuntos nestes primeiros corenta e cinco minutos, nos que os nosos non terminaban de estar cómodos.

Tralo paso por vestiarios, mellorou a versión local, e as ocasións comezaron a sucederse, como dous disparos ós paos, pero o gol resistíase ata que Vicente estreaba o seu casilleiro como goleador racinguista a falta dun cuarto de hora para o final cun bo testarazo.

De aquí ó final seguiu a insistencia dos de Alberto López, ata que Anthony culminou a remontada con dous novos tantos no tramo final de encontro; tiveron a súa opción os visitantes entre o 2-1 e o 3-1, pero o seu disparo foise ó pao da portería defendida por Álex Santomé.

Pola súa banda, igualou no primeiro choque da segunda volta ante a SD Monterroso. Mediado o primeiro tempo, os visitantes adiantábanse, pero os nosos igualaban antes do descanso cun gol de Denís de penalti. Antes, o propio Denís e Brais xa contaran cunha ocasión para igualar o partido.

Tralo paso por vestiarios, adiantáronse de novo moi pronto os visitantes, que a partir de aí sabían gardar a súa vantaxe ante un Filial que o intentaba pero non conseguía contar con ocasións claras, aínda que sí con varios achegamentos e accións a balón parado.

Foi nunha delas cando Hugo Xabier poñía o 2-2 no marcador no minuto 90 de partido. A partir de aí, os de Iván buscaron a vitoria e contaron con dúas claras ocasións para conseguila, pero non atinaron e o encontro rematou cun xusto reparto de puntos.