Gran paso adiante do primeiro equipo, que co seu triunfo por 1-0 ante o Atlético Arteixo consegue igualar á UD Ourense no máis alto da táboa logo de encadear a cuarta vitoria consecutiva.
O primeiro tempo non foi o mellor dos nosos, que estiveron imprecisos e non foron quen de crear perigo en ataque, aínda que tampouco sufriron a nivel defensivo, chegándose ó descanso con 0-0. Tralo paso por vestiarios, tardarían pouco en adiantarse os de Alberto, ó aproveitar Cañi un rexeite do meta visitante a un disparo de Martín Da Lama. A partir de aquí, os nosos pecharon o partido e o marcador xa non se movería.
Peor sorte correu o Filial na súa visita a Meira. Os de Iván comezaron moi serios e chegando, contando con dúas claras ocasións de Molina, que non conseguiu concretar. Á media hora de xogo do primeiro acto, chegaría o tanto local nunha acción a balón parado, chegándose co 1-0 ó descanso.
Tralo paso por vestiarios, os nosos comezaron ben e contaron cunha clara ocasión de Edu para empatar, pero non foron quen de facelo e co paso dos minutos o Meira foi pechando ben o encontro para evitar que se lle escaparan os puntos.