Bo comezo de ano para Primeiro Equipo e Filial, con sendas vitorias

Inmellorable comezo de ano para os equipos sénior do club. Pola mañá, o Primeiro Equipo levouse o derbi provincial ó vencer por 1-0 ó CD Lugo B grazas a un solitario gol de Borja Míguez no segundo tempo, tras asistencia dunha das incorporacións invernais: Brais Pedreira.

Pola tarde, o Filial venceu con claridade (1-4) ó Chantada Atlético. Os de Iván foron mellores desde o inicio, adiantándose grazas a un gol de Álex que pronto sería igualado polos locais. De novo reaccionaron ben os nosos, e moi pronto Hugo Xabier e Adri Kaká ampliaban a vantaxe ata o 1-3 co que se chegaría ó descanso.

Tralo paso por vestiarios seguiu sendo superior o noso Filial, e froito delo chegaría o tanto de Molina, que establecería o definitivo 1-4 no marcador.