A base de golazos venceu o primeiro equipo por 4-1 ó Valladares, o primeiro deles obra de Brais Pedreira cando só transcorriran 11 segundos de xogo. Repuxéronse axiña os visitantes, e antes do minuto 5 o marcador xa reflexaba o resultado de 1-1.
Mediado o primeiro acto, apareceu en escena a figura de Make, que con dous soberbios disparos ampliaba a vantaxe e poñía terra de por medio para chegar co resultado de 3-1 ó descanso. Tralo paso por vestiarios os nosos controlaron ben o encontro e David García pechou o marcador.
O Filial caeu na súa visita a Taboada nun encontro marcado pola polémica expulsión de Adri no minuto 20 de xogo. De aí ó descanso os nosos sufriron en inferioridade e ó descanso xa se chegou con 2-0 no marcador.
Tralo paso por vestiarios Iván axustou ben ó equipo e o Filial recurtou distancias cun golazo de falta de Denís. De aí ó final os nosos apretaron e tiveron as súas opcións, destacando un gol anulado a Edu no tramo final. Xa na última xogada do encontro, chegaría o definitivo 3-1.