O primeiro equipo igualou sen goles ante o Gran Peña, e queda na segunda praza da clasificación, con 4 puntos de desvantaxe sobre a UD Ourense (líder) e tres de vantaxe sobre a SD Sarrian (3º clasificado).
Foi un partido trabado, con pouco xogo e escasas chegadas ás áreas xa desde o primeiro tempo, na que as mellores locais estiveron nas botas de Javi Rey e Make.
Tralo paso por vestiarios o encontro abriuse un pouco máis e, de novo Javi Rey, foi quen máis perigo creou, mentres que os vigueses tamén tiveron as súas opcións á contra antes de que o colexiado asubiara o final do encontro co definitivo 0-0.
O Filial caeu por 3-1 no derbi en Castro nun encontro no que os nosos se adiantaron cedo por medio de Brais, e no que incluso puideron ampliar a vantaxe cun gol anulado e un man a man no que non atinaron, antes de que o Castro, pasada a media hora de xogo, marcara dous goles que lle daban a volta ó marcador.
Tralo paso por vestiarios chegou axiña o terceiro local, que complicaba máis o encontro, pero os nosos non lle perderon a cara ó partido e competiron ata o final, aínda que non foi suficiente para poder sumar.