O primeiro equipo suma un valioso punto a domicilio, e o Filial cae como local

O primeiro equipo sumou un valioso triunfo en Arosa logo de igualar o tanto local, que chegou nun primeiro acto no que os locais contaron coas mellores ocasións, ata facer ese 1-0 antes do descanso.

Tralo paso por vestiarios o decorado cambiou, e os nosos contaron cunha clarísima triple ocasión que non entrou, pero o premio tiña que acabar por chegar, e así o fixo á saída dun córner no que Cadra, cun bo testarazo, igualaba o encontro e permitía sumar un punto que nos permite seguir empatados coa UD Ourense no máis alto da táboa.

Pola súa banda, o Filial caeu por 0-1 ante o Lourenzá, nun partido igualado que decantou un solitario gol mediada a primeira metade. Tralo gol, os nosos contaron con dúas claras ocasións, unha en cada periodo, pero non foron quen de acertar, e acabaron sufrindo unha derrota como locais.