O primeiro equipo chega ó segundo posto e o Filial cae no derbi

Gran momento o que vive o primeiro equipo, reafirmado co triunfo en Sarria por 0-1 grazas ó solitario tanto de Cañi, un golazo de falta directa que nos deu tres importantes puntos nun encontro moi traballado diante dun rival co que chegabamos igualados na parte alta da táboa.

Pola súa banda, o Filial caeu por 1-2 no derbi local ante o CD Santaballés. O encontro comezou cos visitantes adiantándose nos primeiros minutos. Gegun igualou o encontro no segundo periodo, pero no tramo final chegou o definitivo 1-2 cun tanto dos visitantes desde o 11 metros.