Racing Club Villalbés

O primeiro equipo, preparado para comezar a competición en Betanzos

Acabouse a conta atrás. Este domingo (18:00 horas) o primeiro equipo visita o García Hermanos para medirse ó Betanzos CF, que competirá por segunda tempada consecutiva na categoría logo do seu ascenso na 22/23.

O equipo de Alberto López chega con boas sensacións a este encontro logo dunha pretempada na que se mediu a equipos de distintas categorías.

Fíxoo dúas veces en Viveiro ante o equipo rival (0-0 e 1-4), único equipo da categoría contra o que se mediron este mes de agosto. Ante os equipos de superior categoría sufriu unha derrota (0-3 ante o Fabril) e sumou un triunfo (1-0 ante Bergantiños). Mediuse tamén a equipos de categoría inferior como o Castro (1-5), Lemos (0-6), Ribadeo (1-1) e Pol (0-1).

Chega unha tempada que se afronta con moitos cambios no plantel respecto á campaña pasada, comezando polo cambio no banquillo, ó que chegou Alberto López para sustituir a Simón Lamas.

Este domingo, comeza o bo. Agardamos o voso apoio!