O primeiro equipo sumou un punto a domicilio na súa visita a Barraña para medirse ó recén ascendido Boiro. Entraron mellor os de Alberto ó encontro, e froito deso chegaron os primeiros achegamentos, destacando unha ocasión de Borja Míguez, pero o marcador non se moveu ata o descanso.
Tampouco o faría no segundo tempo dun partido igualado e con poucas ocasións, sendo os mellores achegamentos para os locais neste segundo tramo de encontro, pero o resultado final non mudou do 0-0 inicial.
Pola súa banda, o Filial sufriu a súa primeira derrota como local nun encontro que finalmente tivo que afrontar no Anexo A Magdalena ante a UD Xove Lago. Nun encontro igualado, a balanza comezou a decantarse do lado visitante ó transformar unha pena máxima mediado un primeiro acto no que Gegun e Gabri tiveron opcións pero moi ben desbaratadas polo meta rival.
Na segunda metade saíron mellor os de Iván Lamas, pero cando semellaba que o empate podía chegar, foron os visitantes quenes golpearon por segunda vez, ó transformar unha falta directa e poñer terra de por medio.
De aí ó final os nosos intentárono e contaron cun par de claras ocasións para recurtar distancias, pero non era o día e o marcador non se moveu.