Cara e cruz, cruz e cara para primeiro equipo e Filial na xornada deste domingo. Os de Alberto López caeron nun mal encontro fronte á UD Somozas pola mínima (0-1).
A posta en escea visitante foi mellor que a dos nosos, que non se atoparon cómodos nos primeiros minutos, e que froito deso recibiron o 0-1 antes do primeiro cuarto de hora de xogo dun mal primeiro tempo. Na segunda metade, o RC Villalbés mellorou as súas prestacións e buscou a igualada, pero o traballo local foi insuficiente para conseguir puntuar.
A nota positiva da xornada chegou desde A Pastoriza, onde o Filial venceu por 0-3 ó Pastoricense cun hat-trick de Gabri, que anotou todos os tantos no primeiro periodo, un deles de penalti. Os de Iván realizaron 45 dos mellores minutos da tempada e froito deso conseguiron unha vantaxe que lle poñería moi costa arriba o partido ós locais.
O segundo tempo foi máis igualado, con algún achegamento local e tamén opcións visitantes para anotar, pero o marcador xa non se movería máis.