Racing Club Villalbés

Derrota pola mínima nun encontro no que o Villalbés mereceu puntuar

O Racing Villalbés caeu por 1-0 no Román Suárez Puerta logo de que o Avilés se adiantara nun primeiro tempo no que foi mellor, e de que o dominio dos de Simón Lamas no segundo acto non fora suficiente para acadar a igualada, desperdiciando incluso unha pena máxima.

No primeiro acto foron mellores os locais, que se adiantaron ó cuarto de hora e contaron cun par de ocasións máis para poder ampliar a renta, pero non foron quen de facelo.

Tralo paso por vestiarios, o decorado cambiou por completo: os nosos dominaron esta segunda metade de principio a fin, xerando xogo e chegadas suficientes para acadar a igualada: no minuto 60 o meta rival paraba o lanzamento de penalti de Pablo Rey, e posteriormente os cabezazos de Uzal e Vérez marchábanse por moi pouco.

Pasaron os minutos e, pese ós intentos visitantes, o Avilés foi quen de manter a renta e volvemos de vacío de terras asturianas.