Racing Club Villalbés

Empate a un tanto nun partidazo ante o Pontevedra CF

Con empate a un tanto finalizou o primeiro encontro do ano, último da primeira volta, no que foi un partidazo entre o Racing Villalbés e o Pontevedra CF, que comezaba a xornada como líder.

Comezou o encontro cos pontevedreses monopolizando a posesión pero, sen embargo, a primeira ocasión clara do encontro foi local, cando Buyo rematou un centro de Álex Pérez. Froito do dominio do balón, os visitantes tamén contaron cunha clara nun disparo que se estrelou no pao da portería defendida por Santomé.

A posesión neste primeiro tempo era dos de Yago Iglesias, pero serían os de Simón Lamas os primeiros en golpear, ó culminar unha gran acción colectiva que Uzal empurraría ó fondo da rede tras un servizo de Isaac no minuto 39. Só un par de minutos despois, unha transición local non foi culminada por pouco e así se chegou ó descanso.

Tralo paso por vestiarios o encontro abriuse por completo, cun Pontevedra que tomaba aínda máis riscos e un Villalbés que roubaba e saía con perigo, contando cunha clara ocasión de Isaac nun man a man que salvou o meta visitante. Os locais terían tamén a súa clara, nunha acción que salvou Santomé.

Na metade do segundo tempo, o partido abriríase aínda máis logo de que o visitante Churre e o local Javi Varela foran expulsados coa diferenza dun minuto. Máis espazos que comezou a aproveitar un Pontevedra que contou con ocasións e achegamentos para empatar, destacando unha nova parada de Santomé e outro disparo ó pao.

Resistían os locais, pero a insistencia visitante tería premio no minuto 91. Aínda quedaba tempo para máis: Santi era expulsado e o encontro finalizaba nun 9 contra 10 no que o Villalbés conseguiu resistir e sumar un punto ante un dos grandes favoritos.