O primeiro equipo e o Filial estréanse con triunfos a domicilio

Boa xornada inaugural para os nosos equipos sénior: o primeiro equipo venceu 0-3 en Betanzos, mentres que o Filial fixo o propio por 0-2 no seu debut na categoría en Monterroso.

Para os de Alberto López o partido púxose de cara co gol de Javi Rey pasado o cuarto de hora dun inicio no que apretaron os locais. Moi pouco despois, Borja Míguez poñía terra de por medio o facer o 0-2 cun testarazo que daba unha maior vantaxe, coa que se chegaba ó descanso.

Tralo paso por vestiarios chegaría o tanto que case pechaba o encontro, de novo obra de Javi Rey tras un disparo desde fora da área.

Pola súa parte, o encontro do Filial seguiu un patrón con certas semellanzas: os locais comezaron ben, e neste caso incluso apretando a meta defendida por Duarte, que detería un penalti pasado o minuto dez de xogo. Tras sacudirse o dominio inicial, os de Iván foron saíndo á contra, e nunha das primeiras chegadas, adiantáronse cun cabezazo de Gabri que daría a vantaxe de 0-1 ó descanso.

Tralo paso por vestiarios mellorou a versión o noso Filial, que se sentiu sólido defensivamente e contou con opcións en ataque ata que Diego López, cun lanzamento de falta puxo o definitivo 0-2.