O primeiro equipo vence ó Boiro pola mínima e o Filial cae a domicilio

Boa xornada para o primeiro equipo, que segue na boa liña na zona alta da táboa tras vencer por 1-0 ó Boiro grazas a un solitario tanto de Brais Pedreira tras un bo servizo de Make. O Filial, pola contra, continúa coa mala xeira de resultados ó caer por 2-0 en Xove, nun encontro no […]
López: «Os afeccionados son parte importante na consecución de obxectivos, e estou seguro de que o que estamos vivindo se continuará no futuro».

Diego López comezou con 4 anos nas Escolas Deportivas do Concello de Vilalba, e con 6 vestiu por primeira vez a camiseta do Rácing Villalbés, «foi para xogar un torneo en Pontedeume, e ó ano seguinte xa comecei en benxamíns, pasando por tódalas etapas de base do club ata xuvenil de segundo ano». No último […]
Make: «Nos momentos importantes A Magdalena sempre responde»

Alberto Lamas «Make» é o único xogador que pode presumir de estar presente en tódalas fases de ascenso do Rácing Villalbés. No seu primeiro ano sénior, tras volver do CD Lugo, disputou a primeira. Tras regresar do seu ano na SD Compostela tocou a segunda, e agora vai a pola terceira. Con esta introdución podería […]
Empate nun choque intenso e igualado no feudo do Fabril

Empate sen goles na penúltima xornada de competición para o primeiro equipo. Os de Simón Lamas xogaron de ti a ti na casa do líder e, tralos resultados da xornada, xogaranse a clasificación para o Play Off na última xornada ligueira, recibindo ó Arosa SC na Magdalena. O encontro comezou co noso equipo mellor plantado […]
O primeiro equipo iguala nun encontro con alternativas ata o final

O primeiro equipo viu como se lle escapaban dous puntos no tramo final dun encontro no que comezou mandando e incluso chegou a dispoñer dunha vantaxe de 2-0, pero no que un valente equipo visitante foi quen de empatar e no que no tramo final puido gañar calquera. Comezaron moi ben os de Simón Lamas, […]
Derrota no Barco nun encontro no que merecemos máis

O primeiro equipo caeu pola mínima no Barco nun encontro que decidiu un solitario tanto local mediado o primeiro tempo e no que se xeraron ocasións suficientes para sumar. O encontro comezou aberto, cos dous equipos buscando a área rival, con achegamentos, pero sen grandes ocasións a destacar, agás un disparo de Pablo Rey que […]
O filial ascende e proclámase campión de Liga

O equipo filial, creado esta campaña, proclamouse esta fin de semana campión de Liga e acadou o ascenso cando restan dúas xornadas por desputar. Premio a unha tempada na que os de Iván Lamas amosaron unha gran regularidade desde a primeira xornada e que permite dar un paso moi importante para o club. Un salto […]
Empate sen goles nun encontro no que tivemos preto a vitoria no tramo final

O primeiro equipo igualou no Couto sen goles ante a UD Ourense, resultado que lle permite manterse na cuarta praza. Logo dun encontro con dúas partes diferenciadas, os nosos tiveron as mellores ocasión no tramo final, pero faltou o acerto que nos permitirá sumar os tres puntos. O partido comezou co cadro local levando a […]