O primeiro equipo vence ó Boiro pola mínima e o Filial cae a domicilio

Boa xornada para o primeiro equipo, que segue na boa liña na zona alta da táboa tras vencer por 1-0 ó Boiro grazas a un solitario tanto de Brais Pedreira tras un bo servizo de Make.

O Filial, pola contra, continúa coa mala xeira de resultados ó caer por 2-0 en Xove, nun encontro no que os nosos desperdiciaron unha pena máxima con 0-0 no marcador e no que non foron quen de reaccionar tralo 1-0 rival no segundo periodo.