O equipo filial, creado esta campaña, proclamouse esta fin de semana campión de Liga e acadou o ascenso cando restan dúas xornadas por desputar. Premio a unha tempada na que os de Iván Lamas amosaron unha gran regularidade desde a primeira xornada e que permite dar un paso moi importante para o club.
Un salto a Segunda Autonómica que era o obxectivo número un desde que se lle deu luz a este proxecto.
Noraboa, rapaces!