Racing Club Villalbés

O filial ascende e proclámase campión de Liga

O equipo filial, creado esta campaña, proclamouse esta fin de semana campión de Liga e acadou o ascenso cando restan dúas xornadas por desputar. Premio a unha tempada na que os de Iván Lamas amosaron unha gran regularidade desde a primeira xornada e que permite dar un paso moi importante para o club. Un salto […]

Empate sen goles nun encontro no que tivemos preto a vitoria no tramo final

O primeiro equipo igualou no Couto sen goles ante a UD Ourense, resultado que lle permite manterse na cuarta praza. Logo dun encontro con dúas partes diferenciadas, os nosos tiveron as mellores ocasión no tramo final, pero faltou o acerto que nos permitirá sumar os tres puntos. O partido comezou co cadro local levando a […]