O primeiro equipo caeu pola mínima no Barco nun encontro que decidiu un solitario tanto local mediado o primeiro tempo e no que se xeraron ocasións suficientes para sumar.
O encontro comezou aberto, cos dous equipos buscando a área rival, con achegamentos, pero sen grandes ocasións a destacar, agás un disparo de Pablo Rey que fixo intervir ó gardamallas local.
Preto da media hora de xogo chegou o único gol do partido, nun testarazo nun saque de banda. Este tanto afectou ós nosos, que non estiveron ben desde ese momento ata o descanso.
Tralo paso por vestiarios o decorado cambiou, cos de Simón dominando territorialmente e achegándose cada vez máis á meta rival co paso dos minutos.
As ocasións comezaron a chegar, pero hoxe non era o día: un disparo de Cuadraro era despexado por un defensor rival, e uns minutos despois o propio Cuadrado estrelaba un cabezazo no longueiro.
Pouco despois chegaría unha triple ocasión que salvaron entre os defensores e o gardamallas local nos dous disparos de Cuadraro e no de Rares. O dominio incrementouse co paso dos minutos e o Villalbés tivo opcións ata a última xogada, cando un testarazo de Rares se foi rozando o longueiro e con el morreron as esperanzas de sumar no desprazamento a Valdeorras. Próximo compromiso o xoves na Magdalena ante o Paiosaco.