Racing Club Villalbés

Un gran Rácing vence en Arousa e xogará a final polo ascenso

Unha crónica para a historia; o vivido o pasado sábado quedará no recordo de todos os racinguistas. Un gran Rácing Club Villalbés venceu a domicilio na Lomba por 1-2 ante o Arosa SC e xogará a final polo ascenso ante o FC La Calzada.

O encontro comezou de cara moi cedo para os de Simón: aínda non se cumplira o minuto tres cando Pablo Rey, cun golazo, poñía o 0-1 e dáballe vantaxe ós nosos. Este tanto non provocou que os nosos se encerraran atrás, pois á boa orde defensiva sumábanlle boas combinacións ofensivas ata preto do minuto 20 chegaba un novo tanto, desta volta de Álex Pérez, pero sería anulado por fora de xogo.

Os locais buscaban a portería do Villalbés, pero o bo facer defensivo dos nosos evitaba que chegaran ocasións ata que no minuto 44 eran os locais quenes marcaban pero vían como o gol era anulado tamén por fora de xogo. Chegábase, por tanto, 0-1 ó descanso.

Un resultado que lle valía ós nosos e que deixaba apeados ós locais, algo que se notou no primeiro cuarto de hora do segundo tempo, no que os de Luisito encerraron ós nosos no seu campo, contando cunha boa ocasión que salvou Santomé e varias accións a balón parado ben solventadas pola nosa zaga.

Non obstante, acabou chegando o tanto do empate, tras un doble remate nun saque de esquina que establecía o 1-1 no marcador. Este tanto non afectou ós nosos, que se repuxeron moi ben e foron os seguintes en ter unha ocasión, tras un centro de Marcos Álvarez que Jose Varela remataría alto.

Repetirían os protagonistas no 2-1: un pase milimétrico de Marcos deixaba a Jose ante o meta visitante e chegaba o tanto que desataba a locura dunha afección vilalbesa desprazada en gran número.

De aquí a final, soubemos defender o marcador ante un equipo local que o intentou e que tivo a súa ocasión no minuto 94, pero unha boa intervención de Santomé evitou o empate e permítenos clasificarnos para a ronda final. O soño continúa.