Racing Club Villalbés

Presentado o II Torneo TECNORENOVA Vilalba CUP

No día de onte tivo lugar a presentación do II Torneo TECNORENOVA Vilalba CUP.

Asistiron tanto Elba Veleiro (alcaldesa) como Xosé Teixeiro (Concelleiro de Deportes) a un acto no que ambos destacaron a capacidade de convocatoria do Torneo, o que convertirá a Vilalba no epicentro deportivo da provincia.

Ademáis, o presidente Juan Vázquez, destacou as magníficas instalacións municipais: «É un luxo para os rapaces poder xogar nese campo».
Asimesmo agradeceu a colaboración de todos os patrocinadores, moi especialmente a de TECNORENOVA e do CONCELLO DE VILALBA.

Xa non queda nada para que comence unha fin de semana moi fermosa na Magdalena.