Empate sen goles na final ante o Ourense CF, un equipo da nosa categoría, nun encontro con alternativas e con máis ocasións para ambos equipos do que di o marcador. Tralos 90 minutos sen tantos, os ourensáns leváronse a Fase Autonómica da Copa Federación ó vencer por 4-2 na tanda de penaltis.
O encontro desputado na Medela (Taboada) comezou igualado, ata que o Ourense CF comezou a coller o mando do encontro e ter as mellores ocasións antes do descanso, mentres que os nosos responderon e contaron coa súa nas botas de Rares, nunha acción na que se reclamou pena máxima. Así se chegou ó descanso.
Tralo paso por vestiarios, o decorado cambiou, igualándose de novo o encontro, e indo os de Simón Lamas de menos a máis, ata que conseguiron dominar un tramo final do partido no que a máis clara foi para Pablo Rey, pero o meta rival estivo atinado evitando o gol.
Desde estas liñas felicitar ó Ourense CF e desexarlle moita sorte na fase nacional do torneo.