O RC Villalbés caeu por 0-1 no encontro de ida da primeira eliminatoria do PlayOff de ascenso a 2ªRFEF e deberá remontar en Sarria.
O encontro comezou con dominio territorial dos visitantes, aínda que sen conseguir traducir dito dominio máis que en achegamentos, e sen contar con ocasións claras. De feito, nun primeiro tempo pechado, as dúas máis claras foron para os locais, nas botas de Edgar e Javi Varela.
Tralo paso por vestiarios chegaron os mellores momentos da Sarriana, que se achegou á meta defendida por Santomé ata que conseguiu adiantarse no luminoso mediado o segundo periodo.
Tras este tanto reaccionou a escadra local, que o intentou ata o final, contando nos últimos minutos cun lanzamento de falta que se foi por pouco e protestanto penalti por unha man que o colexiado non considerou punible.
Logo deste resultado, o RC Villalbés vese obrigado a remontar en Sarria, e en caso de vitoria pola mínima debería ampliar a vantaxe na prórroga, xa que en caso de vitoria por un tanto ó final duns hipotéticos 120 minutos, clasificaríase a SD Sarriana por quedar mellor clasificada na liga regular.