O Rácing Villalbés sumou o seu cuarto triunfo como visitante na presente campaña logo de impoñerse por 0-1 ó Real Valladolid Promesas nun encontro aberto e atractivo para o espectador que se decidiu grazas a un solitario gol de Isaac (0-1).
Desde os primeiros minutos o encontro se disputou cun ritmo alto, e moi pronto comezaron a verse as primeiras chegadas, tanto para os locais como para os visitantes, pero quizais as más claras foron nosas, nas botas de Álex, Isaac e Luis, mentres que Santomé desbaratou a mellor rival.
No minuto 35 chegaría o único tanto do encontro, logo de que Isaac resolvera cun gran disparo unha boa acción dos de Simón Lamas. De aí ó descanso chegouse sen máis novidades.
Tralo paso por vestiarios cambiou o decorado do encontro, cun cadro local máis dominador no referente a posesión, pero sen traducir ese maior dominio en diferencia de ocasións. Os vallisoletanos rondaron máis a área dunha zaga chairega que se defendeu ben e evitou sustos maiores ata o tramo final do encontro.
Neses últimos minutos os locais abriron o partido e contaron cunha clara ocasión nun testarazo que se foi ó longueiro, pero non atinaron, como tampouco o fixeron os nosos nas opcións que tiveron para saír con espazos.
Final e 3 puntos máis para seguir sumando.