O pasado mércores ás 19:00 horas tivo lugar a presentación do primeiro equipo. Un acto no que ademais da directiva e os membros do plantel, estiveron as institucións locais para dar apoio ó equipo nun histórico.
Nesta primeira sesión estiveron presentes os 20 xogadores que forman o plantel a día de hoxe acompañados polo xogador do filial Samu e os xuvenís Yago Miguélez, Yago Vázquez, Borja e Gegun.
Logo da presentación levouse a cabo o primeiro adestramento coa vista xa posta na estrea ante o Oviedo Vetusta, que será o rival no ano do debut en 2ªRFEF. Unha semana máis tarde, o primeiro encontro como locais na nova categoría será ante o Real Avilés Industrial.
O primeiro derbi chegará na xornada 7 visitando San Lázaro para medirnos á SD Compostela, e a continuación virán dous derbis máis seguidos, ante Ourense CF e Fabril, mentres que os dous últimos derbis coincidirán coas dúas últimas xornadas, recibindo ó Coruxo CF na 33ª e visitando Pasarón para rematar a competición na casa do Pontevedra CF