Racing Club Villalbés

Falece Manuel Lamas “Manolo”, delegado do primeiro equipo

Unha nova que nunca desexariamos ter que dar. Hoxe foise un de nós, un racinguista que forma gran parte da historia do Rácing Club Villalbés.

Esta mañá faleceu Manuel Lamas “Manolo”, delegado do primeiro equipo e pai do noso adestrador Simón Lamas.

Non temos verbas para expresar o que significabas para nós e o vacío que nos deixas.

Descansa en paz, Manolo.