Impuxéronse as defensas no encontro desputado entre o Rácing Villalbés e o Zamora CF, líder sólido da competición que só recibiu gol nun dos dez encontros desputados ata a data. De feito, este é o terceiro encontro no que non vencen no que vai de competición.
Gran encontro a nivel defensivo dos de Simón Lamas, que tiveron a mellor opción do primeiro tempo nas botas de Izan, pero o seu disparo marchouse fora. Un primeiro periodo moi pechado que deu paso a un segundo acto que seguiu unha tónica similar: dous equipos moi sólidos e ben plantados defensivamente que dificultaron os intentos de ataque nun choque no que os dous conxuntos contaron cunha ocasión que non foron quen de concretar na segunda metade dun día marcado polas condicións climatolóxicas.