Derrota no engadido nun encontro no que o equipo deu boa imaxe en Abegondo

O Rácing Villalbés sufriu a segunda derrota do curso dun xeito cruel, recibindo o primeiro tanto no minuto 93 e o segundo no minuto 95 para que o RC Deportivo Fabril se impuxera por 2-0 e rompera a imbatibilidade dos nosos como visitantes.

Ata entón, o choque fora igualado, se ben foran os nosos os que contaran coas mellores ocasións, especialmente no primeiro tempo nunha acción que o meta local lle parou a Santi. Anteriormente Rares e Uzal avisaran por parte visitante.

Tralo paso por vestiarios o choque igualouse ata o treito final, no que se abriu cos dous equipos buscando o triunfo, tocando finalmente cruz para os de Simón Lamas.