ACORDO DE COLABORACIÓN
O Rácing Club Villalbés vén de chegar a un acordo con HOTEL SPA ATTICA 21 – VILLALBA do que se poderán beneficiar tódolos socios dos club.
Grazas á súa colaboración, todos vós poderedes obter descontos en entradas individuais no SPA, bonos, tratamentos, masaxes, produtos cosméticos e reservas de aloxamento. Tamén descontos para grupos.
Nas ilustracións que acompañan a esta publicación podedes obter a información completa, e xa podedes contactar para facer as vosas reservas no 982 515 000 ou mediante email: spa@attica21hotels.com.
Desde estas liñas queremos agradecer a predisposición desde o primeiro momento de ATTICA21 VILLALBA para chegar a este acordo.
Agora a desfrutalo, racinguistas!❤️💚

