A Nosa Champions pechou a tempada en Vilalba

Vilalba foi a sede da 3ª xornada de A Nosa Champions, a última desta tempada.

Calo, RC Deportivo, Racing Ferrol, CD Lugo, RC Celta e Racing Villalbés participaron esta campaña nesta I Edición do Campionato Genuine.

A cita, como non podía ser doutro xeito, foi todo un éxito e reuniu a centenares de persoas na Magdalena.

Moitas grazas a todos os que facedes este soño posible.