Racing Club Villalbés

A campaña de socios da tempada 2023/2024, xa en funcionamento

Unha histórica tempada merece do apoio de toda a vila. É por iso, que os carnés de socio para esta tempada, a primeira da historia do club en 2ªRFEF, xa están dispoñibles, con distintas modalidades en función da idade para que todos podades sumar o voso graniño de area.

Ademais, premiarase a cada socio que consiga unha alta nova cun desconto do 10% na súa cota.

Os tipos de carné e prezos para esta tempada (tamén dan acceso libre ós partidos dos equipos da base) son os seguintes:

Infantil (ata 11 anos): 10€
Xuvenil (de 12 a 21 anos): 30€
Sénior (de 22 a 33 anos): 55€
Adulto: 110€
Protector: 140€
Premium: 170€
Bono familiar: 50% de desconto a partir do segundo carné adulto.

Contamos co voso apoio!