Estradense 0 – 0 Racing Club Villalbés
Campo Municipal de A Estrada – 1 de noviembre de 2025
Visitabamos un dos campos máis complicados da categoría, cun ambiente intenso e unha afección local que aperta desde o primeiro minuto. O Estradense chegaba con números moi sólidos en casa, só un gol encaixado e con 3 victorias e 2 empates sen ningunha derrota, polo que sabiamos que sería un partido de máxima esixencia.
O inicio foi tal e como esperabamos: moito ritmo, moita presenza do equipo local no noso campo e un ambiente moi vivo na bancada. Eles comezaron dominando a posesión e empuxando con insistencia, aínda que sen xerar ocasións demasiado claras. Defendemos con orde, tentando manter a calma a pesar da presión rival, e aos poucos fomos saíndo dese acoso inicial.
A medida que avanzaba a primeira metade, o Racing empezou a soltarse, gañando metros e presenza ofensiva. Comezamos a chegar con perigo, especialmente polas bandas e en accións de segunda xogada. Tivemos unha ocasión clarísima nas botas de Herrero, que enganchou unha volea dentro da área pequena e o balón foise por encima do traveseiro. O Estradense respondeu con algún balón parado perigoso e varios centros laterais, pero sen lograr concretar. En liñas xerais, o primeiro tempo foi equilibrado, con lixeira superioridade do conxunto local.
Na segunda parte, o equipo mostrouse máis firme e mellor asentado. Mantivemos o bloque ordenado, coa idea clara de aproveitar as transicións defensa-ataque e sorprender ao rival con velocidade. Co paso dos minutos, o partido foise abrindo e comezaron a aparecer os espazos que buscabamos.
No últimos quince minutos, o encontro volveuse completamente de ida e volta. Co 0-0 no marcador, tivemos as mellores opcións do partido. Primeiro, unha acción de Borja, que conectou un disparo ben dirixido que o meta local, Isra, detivo cunha gran intervención.
Pouco despois, chegou a xogada clave do partido: un gol anulado a Herrero por fóra de xogo que, tras revisar as imaxes, comprobamos que era unha posición completamente legal. Unha decisión que nos privou do tanto que cambiaría o desenlace do encontro.
E xa no minuto 90, tivemos a ocasión máis clara do partido, cando Pablo Trigo plantouse man a man #ante o porteiro, que volveu salvar ao Estradense cunha parada decisiva.
Finalmente, o marcador non se moveu e o partido terminou con empate sen goles (0-0). Un punto valioso pola dificultade do campo e a calidade do rival, aínda que con sabor agridoce, porque o equipo mereceu máis e puido levarse perfectamente os tres puntos.
Máis aló do resultado, o traballo, a orde táctica e a actitude do grupo foron excelentes. O Racing competiu con madurez, soubo sufrir cando tocaba e xerou perigo cando o partido rompeu.
⚽ Aliñacións
Estradense: Isra; Gabi, Cid, Ares, Óscar; Jorge, Manu, Adrián; Diego, Fajardo y Nando.
Racing Villalbés: Santomé; Jose Varela, López, Vérez, Cadra; Buyo, Make, Javi Varela, Borja Míguez; Trigo y Herrero.
Goles: No hubo.
Árbitro: Fernández Vidal (Ourense). Mostró amarillas a Ares y Manu (Estradense) y a Make (Racing).
Incidencias: Encuentro disputado en el Municipal de A Estrada con gran ambiente y buena presencia de aficionados racinguistas desplazados.
O equipo sumou un punto importante nun campo complicado, mostrando madurez competitiva e capacidade de adaptación. A sensación xeral é positiva, aínda que o gol anulado a Herrero e a ocasión final de Trigo deixan a impresión de que os tres puntos puideron ser nosos.
Seguimos crecendo, demostrando solidez e ambición en cada xornada. Toca recuperar forzas e preparar o seguinte compromiso coa mesma mentalidade.
#orgullorcv #ForzaRacing #SempreRacing





